Recomendamos: A República das Palavras, de Séchu Sende

A República das Palavras, Séchu Sende A República das Palavrasde Séchu Sende, está publicada por Através Editora.

“O autor de Animais apresenta-nos um conjunto de relatos que são a continuação do anterior Made in Galiza.

Este é um livro Made in Galiza
de última geração: com NHs
e novas perspetivas sobre as pessoas e o mundo.

Se tés este livro na mão, dissimula.

Podes fazer parte dos milhares de pessoas
que estão a organizar as palavras
para mudar o mundo.
Alegria, peixe voador,
humor, Quero-te, spray,
imaginação, corvos faladores,
criatividade, rebeldia, mulheres…
Dissimula, não levantes os olhos
do livro, podem estar a vigiar-te.

Viaja polo teu interior.
E não fagas caso da gente que diz
que as palavras não mudam o mundo.

Porque sabes que as palavras mudam as pessoas.”

Pode escoitarse aquí a súa entrevista na Radio Galega e a recensión da obra feita por Ramón Nicolás nesta ligazón.

Recomendamos: Veredevere, de Guilherme e Bastardo

Veredevere, dVeredevere Guilherme e Bastardoe Guilherme e Bastardo, é un libro de 56 páxinas e CD con 12 temas, publicado por Axóuxere. Ten un prólogo de Teresa Moure e deseños de Séchu Sende.

“Este é o primeiro traballo de Guilherme e Bastardo, unha banda por definición heterodoxa e cuxo pulo fundacional é a hibridación de linguaxes e estilos, mais, por riba de todo, Veredevere é unha travesía utópica desde a música, a literatura e a visualidade, que integra o traballo de moitas persoas procedentes de diferentes ámbitos e se sintetiza nun fermoso libro-obxecto de feitura artesanal, con cuberta serigrafiada, e un cd de músicas que percorre ámbitos tan amplos como extensa é a viaxe que a súa escoita propicia.
No libro-cd poderedes atopar, alén das músicas e textos de Guilherme e Bastardo —que navegan entre o canto tradicional revisitado, a world music, o postpunk e a electrónica libertaria—, as colaboracións de Séchu Sende, Teresa Moure, Najla Shami, Mig Seoane e outr@s moit@s que fixeron parte desta común singradura, asi como as palabras musicadas de, Raida Rodríguez, Xelís de Toro, Márcio-André, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Arthur Rimbaud.”

Aquí podedes escoitar a súa música no Soundcloud.