Recomendamos: e Caín, de Paco Souto

e Caín, de Paco Souto, é un libro de poemas do autor, con ilustracións de Viki Rivadulla, publicado por Laiovento.

“Hai 30 anos xa que dei o meu primeiro recital individual na cidade de A Coruña. Este e Caín debe ser pois unha celebración.
Dun lado acolle textos recén enfornados como “Metamorfose” ou “mamá Africa” xunta outros como “Terradentro” ou a serie BAROÑA que veñen daquela. É xa que logo unha sorte de caer e erguerse e caer outra volta no camiño.
Mais tamén refire a heterodoxia que poderedes atopar de certo en toda a miña obra. Vontade en fin de ser periferia.”

Aquí pode verse unha escolma de tres poemas e ilustracións.

Recomendamos: Aldeas sen voz, de Vicente Ansola e A Porta Verde do Sétimo Andar

Aldeas sen voz é vicente-ansola-aldeas-sen-vozun proxecto que recolle as fotografías de Vicente Ansola e os versos de A Porta Verde do Sétimo Andar, publicado pola Editorial Canela.

“Os pobos das néboas é un amplo espazo xeográfico que cobre, aproximadamente, as dúas terzas parte do concello da Pontenova. Dentro del existe un triángulo máxico que, ao igual que o resto da zona, Vicente Ansola denominou como Triángulo dos Trasnos. Aquí, en todo este territorio, desenvólvese a historia que conta Aldeas sen voz, un libro de fotografía, enriquecido coa poesía e a narrativa.
Paisaxes oníricas, retratos cheos de forza, chiscadelas á pintura con fotografías que lembran estilos e obra de Johannes Vermeer ou Antonio López, a Piet Mondrian, a Paul Klee, ou a Vincent van Gogh, que a ollada áxil do lector observador pode detectar rapidamente. E homenaxes á “Rural Art”, como a define o propio Vicente Ansola.
Imaxes en que se representa o abandono do mundo rural e o deterioro de aldeas que, outrora, foron xermolo de vida, convivencia e subsistencia. Imaxes que tentan concienciarnos da necesidade urxente da conservación e recuperación destes lugares, tanto no aspecto arquitectónico como no social e de servizos.
Unha obra con mensaxe en que participaron 18 poetas de toda Galicia que forman parte do colectivo “A Porta Verde do Sétimo Andar”: Paco Souto, Rochi Nóvoa, Xosé Iglesias, María José Fernández López, Iolanda R. Aldrei, Jose Estévez, Miguel Ángel Alonso Diz, Patricia Sánchez, Miguel Alonso, Marta Pedrosa Agra, Rosa Enríquez, Xosé Manuel Abeledo, Alfonso Láuzara, Pili Mera, María N. Soutelo, Ramiro Vidal e Manolo Pipas, alén de Loli Beloso, Alberto Calvín Corredoira e Belén Rico Prieto, o director de cinema Pepe Jordana, Francisco Martín Medrano, Pablo Quintana… e toda a veciñanza do entorno.”

Aquí poder lerse a crónica feita por María José Fernández López e unha entrevista ao fotógrafo Vicente Ansola, na Palavra Comum.

Presentación de Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, o venres 12 de xuño ás 20:00 h.

AVerónica Martínez Delgado Ode sexta feira, venres, 12 de xuño, a partir das 20:00 horas, preséntase Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, publicado pola Asociación Cultural Caldeirón. A autora estará acompañada por Paco Souto, editor e poeta.

Do poemario, que obtivera o accésit do VIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, poden lerse estes catro poemas, publicados na revista Palavra Comum.

Tamén se pode escoitar aquí a entrevista realizada á autora no Diario Cultural: