Recomendamos: Un anaquiño de horizonte, de Arturo Abad e Miguel Cerro

Un anaquiño de horizonte, Un anaquiño de horizontecon textos de Arturo Abad e ilustracións de Miguel Cerro, é unha obra publicada por Oqo Editora.

Ao horizonte fáltalle un anaquiño
á dereita de onde se pon o sol.
Por ese oco saltan os peixes
e as botellas que esconden mensaxes secretas.

Un pirata vive obsesionado coa idea de descubrir que se esconde detrás do horizonte. Nin as novas aventuras, nin as batallas, nin o xogo do “zapatiño quieto é”, co que a miúdo se entretén para paliar as horas mortas, distráenlle da súa obsesión.
Para pescudalo, un día emprende unha longa e dura viaxe ata o fin do mundo. A medida que se vai achegando pensa que, no fondo, afástase máis del. Entón, decide xogar co horizonte a ese xogo ao que está tan afeito: “unha, dúas, tres, zapatiño quieto é”.
Por fin sénteo máis cerca e pode asomarse a contemplar o que hai detrás. Desde ese día, volve todas as semanas para xogar co horizonte que, agradecido, regálalle un anaquiño.

O autor Arturo Abad articula un relato en torno a dúas ideas:
– O universo réxese por unhas normas que deben ser respectadas.
– Todos temos a necesidade de alcanzar os nosos soños por imposibles que parezan.
Para axuntar os dous conceptos, Abad propón xogar coas regras para conseguir a nosa meta: “hai moitas regras e algunhas poden supeditarse a outras, segundo o noso criterio. E confirma que non se pode alcanzar o horizonte, certo, pero tampouco che podes saltar as regras do “zapatiño quieto é”. Á hora de elixir, para un neno é máis importante o xogo que a realidade”.
O ilustrador Miguel Cerro recolle esta idea do xogo na súa proposta plástica. Recoñece que foi un reto ilustrar un texto tan poético e confesa haber gozado moito realizando a imaxe da visión do horizonte final: “cando todo descóbrese… esa imaxe clásica e antiga de cando se pensaba que a terra era plana.”
Da man deste pirata-poeta, que “lanza poemas ao vento para alegrar ás gaivotas”, penetramos nun relato de aventuras, cargado de metáforas, que nos recorda a importancia de buscar e seguir o noso camiño, sen ceder no empeño, para poder alcanzar os nosos obxectivos.”

A figueira dos Pelostortos, de Ana Gª Castellano e Mikel Mardones

Había tres nenos que querían figos da figueira de Pelostortos. Dasme algo. ¡As almas en pena que non me collan os figos da miña figueira!. Polo mediodía, pola tarde, pola noite. Pola mañá durmía. Foron de puntillas , e subiu un neno, e ñeeeee, e o máis gordo. E despertou, e fóronse correndo. E pola noite, ¡somos as almas en pena da túa figueira!. Cando estabamos vivos, collíamos figos da túa figueira. Agora que estamos mortos vímos por Pelostortos. E os nenos comeron figos da figueira cheos de risa. (Mariña, 5 anos).

A figueira de Pelostortos, con texto de Ana Gª Castellano e ilustracións de Mikel Mardones, está publicado en Oqo Editora.

Marisela e o roxo, de Geovanys F. García

“Querían casar, e Roxo regaloulle unha mazá do mercado, que non era de Brancaneves. E chamaron ó dragón para casar, e Roxo subiu pola ventá, e ahhhhh!!!, dixo Marisela, e estivo cen anos peiteándose na cadeira, e Roxo gañou a loita, e casaron.” (Mariña, 5 anos).
Marisela e o roxo, de Geovanys F. García, está publicado en Oqo Editora.

O cempés Perico, de Mercedes Carrión, en Oqo editora

Iniciamos aquí as colaboracións de leitoras e leitores, con esta recensión sobre O cempés Perico, de Mercedes Carrión, publicado en Oqo Editora:

“Tiña un rabo así, e unha cara así, e uns ollos así, e unhas mans así, e uns pes así, e poñía cara así, e o pelo así… e así estaba escondido, e así coas mans, corría así, e acabouse”. (Olaia, 2 anos).