Recomendamos: Os nenos da varíola, de María Solar

Os nenos da varíola, de María Solar, é unha obra publicada por Galaxia.

“Desta volta, María Solar achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca.”

Aquí poden lerse as recensións sobre este libro.

Recomendamos: As horas roubadas, de María Solar

As horas roubadas, María Solar As horas roubadasde María Solar, é unha novela publicada por Edicións Xerais.

“A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. As horas roubadas é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.”

Esta é a crítica literaria feita por Ramón Nicolás.

Recomendamos: Teño uns pés perfectos, de María Solar

Teño uns pés perfectos, portada.fh11de María Solar, ilustrado por Gusti, está publicado en Kalandraka Editora.

“Aspirante a ser “o neno máis listo”, Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo.
Teño uns pés perfectos é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.
As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.”

Pode verse aquí a entrevista á autora sobre esta obra no Zig-zag da Televisión de Galicia. E esta é ficha da obra na súa web.

Recomendamos: As meigas de Lupa, de María Solar

As meigas de Lupa, María Solar As meigas de Lupada escritora e xornalista María Solar, está publicada por Edicións Xerais, e vai xa pola cuarta edición.

“María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo. Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina. “