Presentación de Iluminações de uma Mulher Livre, de Samuel F. Pimenta

O escritor portugués Samuel F. Pimenta volta á Librería Sisargas para presentar a súa nova obra, Iluminações de uma Mulher Livre, publicada na Editorial Presença. O acto terá lugar a terza feira/martes 14 de febreiro, ás 20:00 horas, acompañando ao autor Iolanda Aldrei e Verónica Martínez Delgado. Tamén contaremos coa presenza da música con Clara Pino.

“Na aldeia onde é rejeitada e perseguida pela população, Isabel acorda com a única ideia capaz de a libertar do casamento opressor em que vive: matar o marido. Se, de início, a ideia lhe parece improvável, vai ganhando força à medida que recorda as histórias das mulheres do passado, de que a avó lhe falava quando, com outras mulheres, se reuniam em grupos femininos secretos para falarem de oráculos, curas e magia.
Isabel é moderna, sensível, curiosa e sempre quis a sua independência. Cresceu na capital, mas mudou-se para a aldeia por causa do casamento. E foi essa união que a aprisionou numa existência de medo e abuso. Só ela pode libertar-se desse homem castigador, e ao longo de vários dias Isabel confronta-se com todos os receios e dúvidas, imaginando planos e lembrando-se dos ensinamentos da avó, procurando argumentos que fortaleçam a sua decisão, enquanto cumpre com todos os rituais quotidianos da casa com beleza e empenho poético.
Iluminações de uma Mulher Livre revisita histórias por via da tradição oral, figuras históricas, mitos e referências da literatura universal.”

Aquí podedes ver como foi a presentación do seu poemario Ágora nesta mesma libraría:

Recomendamos: Aldeas sen voz, de Vicente Ansola e A Porta Verde do Sétimo Andar

Aldeas sen voz é vicente-ansola-aldeas-sen-vozun proxecto que recolle as fotografías de Vicente Ansola e os versos de A Porta Verde do Sétimo Andar, publicado pola Editorial Canela.

“Os pobos das néboas é un amplo espazo xeográfico que cobre, aproximadamente, as dúas terzas parte do concello da Pontenova. Dentro del existe un triángulo máxico que, ao igual que o resto da zona, Vicente Ansola denominou como Triángulo dos Trasnos. Aquí, en todo este territorio, desenvólvese a historia que conta Aldeas sen voz, un libro de fotografía, enriquecido coa poesía e a narrativa.
Paisaxes oníricas, retratos cheos de forza, chiscadelas á pintura con fotografías que lembran estilos e obra de Johannes Vermeer ou Antonio López, a Piet Mondrian, a Paul Klee, ou a Vincent van Gogh, que a ollada áxil do lector observador pode detectar rapidamente. E homenaxes á “Rural Art”, como a define o propio Vicente Ansola.
Imaxes en que se representa o abandono do mundo rural e o deterioro de aldeas que, outrora, foron xermolo de vida, convivencia e subsistencia. Imaxes que tentan concienciarnos da necesidade urxente da conservación e recuperación destes lugares, tanto no aspecto arquitectónico como no social e de servizos.
Unha obra con mensaxe en que participaron 18 poetas de toda Galicia que forman parte do colectivo “A Porta Verde do Sétimo Andar”: Paco Souto, Rochi Nóvoa, Xosé Iglesias, María José Fernández López, Iolanda R. Aldrei, Jose Estévez, Miguel Ángel Alonso Diz, Patricia Sánchez, Miguel Alonso, Marta Pedrosa Agra, Rosa Enríquez, Xosé Manuel Abeledo, Alfonso Láuzara, Pili Mera, María N. Soutelo, Ramiro Vidal e Manolo Pipas, alén de Loli Beloso, Alberto Calvín Corredoira e Belén Rico Prieto, o director de cinema Pepe Jordana, Francisco Martín Medrano, Pablo Quintana… e toda a veciñanza do entorno.”

Aquí poder lerse a crónica feita por María José Fernández López e unha entrevista ao fotógrafo Vicente Ansola, na Palavra Comum.