Recomendamos: Historia social da lingua galega, de Henrique Monteagudo

Historia social da lingua galega, de Henrique Monteagudo, é unha obra publicada por Galaxia.

“Un estudo que pretende reconstruír as complexas relacións entre lingua e sociedade en Galicia a través do tempo, fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestina tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe unha achega fundamental e enriquecedora ao coñecemento do noso pasado desde a perspectiva da Sociolingüística. A través das súas páxinas, pódese seguir a evolución da relación entre a sociedade galega e as linguas (nomeadamente, o galego, o latín e o castelán), contextulizada nas sucesivas coordenadas históricas e socio-culturais. Aténdese tanto o ámbito da comunicación -as funcións sociais das linguas- como as ideoloxías e os imaxinarios colectivos -as representacións sociais- e a maneira en que se integran nas dinámicas de moldeamento das identidades sociais. Rica en información, que se presenta de xeito claro e conciso, esta obra ofrece perspectivas novidosas sobre a historia social do idioma galego, e, por iso, desde a súa primeira edición en 1999, se tornou referencia obrigada para os estudosos e todas as persoas interesadas polo tema.”

Presentación de Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert, o mércores 18 de maio

EsteIsidro Dubert Historia das historias de Galicia mércores, 18 de maio, ás 20:00 horas, presentamos Historia das historias de Galicia, un libro de autoría diversa, coordinados por Isidro Dubert, e publicado por Xerais. No acto participan, xunto a Isidro Dubert, Maria del Carmen Saavedra Vazquez e Francisco Gonzalez García.

“No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos –e mesmo inéditos– do noso pasado colectivo.”

Estas son as persoas que participan no volume: Isidro Dubert, Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.

Recomendamos: Historia das historias de Galicia

Historia das historias de Galicia Isidro Dubert Historia das historias de Galiciaé un libro de autoría diversa, coordinados por Isidro Dubert, publicado por Xerais.

“No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos –e mesmo inéditos– do noso pasado colectivo.”

Estas son as persoas que participan neste volume: Isidro Dubert, Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.