Recomendamos: Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga

Querido H. P. Lovecraft,capa_querido_hpl_PROBA_so_capa de Antonio Manuel Fraga, que obtivo o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, é un libro publicado por Urco Editora.

Querido H.P. Lovecraft:
Cando lea estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos…
Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor. Nun delirante escrito, o fantasista texano narra o seu progresivo descenso cara ao inferno da loucura e a desesperación, iniciado coa visita a unha antiga tumba india no interior dunha cova.
A partir dese fatídico día, Howard comeza a sentirse acosado polas sombras, propias e alleas, nunha desacougante mestura de soño e realidade. A escrita, os amigos, a relación coa súa moza, a saúde da nai… cada aresta da súa vida semella afectada polo miasma malsán no que devagar se vai mergullando.
Sen saída, totalmente acurralado polo celme dos seus medos, Howard debe procurar unha solución, unha fuxida, un sacrificio.”

Aquí pode verse unha entrevista co autor no programa Zig-zag da Televisión de Galicia.

Recomendamos: Tártarus, de Antonio Manuel Fraga

Tártarus Antonio Manuel Fraga Tártarusé o novo libro de Antonio Manuel Fraga, publicado por Edicións Xerais.

“Na cidade de Audierna os distritos ricos están reservados para os güendos e os pobres para os mallumás, dúas comunidades afastadas polo odio e a discriminación. Unha güenda, Guiomar, lembra as clases de klavia recibidas durante a súa adolescencia na casa da Mastrina Xaovén, unha vella profesora de música. A inicialmente difícil relación coa súa mestra cambia cando a Mastrina lle propón un trato: contaralle unha historia a cambio de que Guiomar aprenda a tocar a klavia. A partir de entón, despois de cada clase, a Mastrina nárralle unha fantástica aventura que comeza cando Átika, unha rapaza güenda, asiste de incógnito a un concerto nun distrito mallumá. Átika perde o tren de volta á casa e vese na obriga de ir canda Fuco, un neno da rúa empeñado en saber por que a cidade está inzada de alacráns. As súas pescudas lévaos a descubrir a existencia dun mundo soterrado, Nigrofe, onde un gran perigo ameaza con destruír todo canto coñecen.”