Obradoiro Orzaneando, para crianzas de 6 a 11 anos, os 18, 19 e 20 de maio

ORZANEANDO
Unha pescuda narrativa polas historias da cidade asolaga de Orzán.

18, 19 e 20 de maio de 2017
Libraría Sisargas
San Roque, 7
A Coruña

Obradoiro literario dirixido a crianzas no que crearemos un personaxe e un dos mitos, historia ou lenda nas que participou.

Organización: Colectivo lugrisián In nave civitas
Límite de asistencia: 15 crianzas
Idades: de 6 a 11 anos
Custo: de balde.

Inscrición: As interesadas teñen que mandar un correo electrónico ao seguinte ciberenderezo innavecivitas@gmail.com co nome e os apelidos da crianza que quera participar e a súa idade. A preferencia é a da orde de recepción do correo.

XOVES 18 DE MAIO
18:00 horas – 19:30 horas
Presentación do obradoiro: Unha paseata submariña pola cidade de Orzán.

VENRES 19 DE MAIO
18:00 horas – 18:45 horas. A creación dun personaxe.
18:50 horas – 19:30 horas. Creando a nosa protagonista. Elaboración da ficha para a creación do personaxe.

SÁBADO 20 DE MAIO
12:00 horas – 13:30 horas. Creando entre todas unha historia para os nosos personaxes.

Obradoiro e presentación de Man. O alemán de Camelle, con Beatriz Maceda e Laura Veleiro

EsteMan 6 sábado, 3 de xaneiro, a partir das 12:30 horas, na Libraría (no noso novo emprazamento, na Rúa San Roque, 7), terá lugar a presentación do libro Man. O alemán de Camelle, escrito por Beatriz Maceda Abeleira e fermosamente ilustrado por Laura Veleiro, publicado por Galebook. Trátase da historia ilustrada dun heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de Camelle pode gozar.

As autoras farán tamén un obradoiro dirixido nomeadamente ao público máis novo, aínda que poderá participar, por suposto, todo o público asistente, onde se transmitirá a forza do traballo creador de Man.

Presentación, coloquio e obradoiro con Jacobo Fernández Serrano sobre Marcopola

O sábado 22 de xuño, a partir das 19:00 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Monte Alto-Atochas-A Torre, nun acto organizado conxuntamente coa Librería Sisargas, terá lugar a presentación dos libros Marcopola. A illa remeira, publicados en Edicións Xerais.
Estará con nós o seu autor, Jacobo Fernández Serrano, que nos falará das súas personaxes, e das súas divertidas historias.
Podedes traer un caderno de debuxo e lapis de cores. Se vos atrevedes a debuxar algunha das personaxes, adicarávolo con moito cariño.

Obradoiro de creación literaria Historias da Cidade-Barco. A Coruña, capital do mar, con Xurxo Souto

Desde a Axenda da AELG:

Co título Historias da cidade-barco. A Coruña, capital do mar, a Escola de Escritoræs da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega pon en marcha o seu sexto obradoiro. Co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña e a colaboración do Club do Mar de Santo Amaro, o escritor Xurxo Souto desenvolverá a partir do venres 9 de novembro, en 8 sesións, un obradoiro aberto á maiores de 16 anos, cos seguintes contidos:

– Todos os grandes ciclos míticos do mar recalaron na Coruña.
– Don Emilio González López e a ruta do “curricán”. A historia da cidade contada polos camiños do mar.
– Do antigo gremio de mareantes.
– Toponimia e talasonimia do mar da Coruña.
– Os homes mariños do Orzán e o Tritón de Lisboa.
– A outra banda do Muro: Terranova e Gran Sol.
– A Coruña-La Habana. A cultura galego renace polos camiños do mar.

A inscrición, gratuíta, farase por orde de solicitude até completar as 20 prazas dispoñibeis, a través dos seguintes medios:
– Correo electrónico: oficina@aelg.org
– Teléfono: 981 133 233 (luns a xoves, de 08:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:00; venres, de 08:30 a 14:30 horas).

Con esta iniciativa, a AELG desenvolve un dos seus obxectivos: dar a coñecer o sistema literario como elemento configurador en sentido amplo do concepto de cidadanía e de pertenza a un sistema cultural. Considerando, pois, que o benestar persoal e colectivo non descansa unicamente na suficiencia económica, e que se basea principalmente no goce dunha cultura normalizada, respectuosa coa tradición para, desde aí, abrirse ao futuro.

Cando lle preguntaron a Staffan Mörling por que viñera a vivir a esta fin da Terra, o erudito sueco respondeu rotundo: Un momentiño, Galiza non é un fin da Terra, é un centro do mar.
Unha declaración que se vira especialmente propia cando falamos da Coruña. A cidade naceu baixo o abeiro do faro do antigo camiño cara Britania. Hoxe esta rocha chantada no Atlántico segue afirmar o seu futuro nun mar polo que circula a ruta oceánica máis importante do planeta.
Todos os grandes mitos mareiros recalaron na nosa ribeira. Esta é á fin do mundo -Torre de Hércules- para a tradición greco-latina. Mais tamén Torre de Breogán na vellas lendas da conquista de Irlanda. Tan fecunda é a tradición evocadora que mesmo dispomos duns seres mitolóxicos propios: Os homes mariños, eses que choutan polo mar do Orzán, tal como describiu no século XVII o cardeal Gerónimo del Hoyo.
A Coruña naceu do mar. Sen embargo a maioría dos seus habitantes actuamos como terrícolas, sen coñecer tan sequera os nomes das pedras da ribeira. Por iso, principiaremos o obradoiro pola descuberta dese tesouro toponímico: o Xogadorio, o Gueivouteiro, a Rabaleira, o Grelle, o Xanrei…nomes das rochas percebeiras do pé da Torre. Mais tamén a eufonía dos caladoiros que rodean á cidade: Carpancho, Abarracidos, Acentes, Tousas de Leste, Tousas de Vendaval.
Non Coñece A Coruña quen só coñece A Coruña. Mares de Terranova, augas do Gran Sol, dicídeme vós o que A Coruña é!
Wenceslao Fernández Flórez definiuna como a Cidade-Barco. O Padre Rubinos no Poema da Cruña, Monterroso Devesa en Nau Enfeitizada, ou Luísa Villalta no seu libro En concreto, acudiron tamén a esa mesma imaxe.
É tempo pois de embarcar nas palabras, e converter tantas mareas en literatura. A Torre vai na proa, que a emoción e a creatividade sexan o impulso de moitas novas singraduras da Cidade-Barco.