Recomendamos: O amor, l’amour, de Pepe Carreiro

O amor, l’amour é oPepe Carreiro O Amor novo libro de Pepe Carreiro, publicado por Edicións Moito Conto.

“Primeiro libro da colección “Algo así debeu pasar…”: O AMOR, L´AMOUR. Esta nova colección, deseñada por Pepe Carreiro, conta historias particulares de personaxes de ficción que se desenvolven mentres transcorren acontecementos senlleiros para a historia de Galicia.
Neste caso os protagonistas vivirán unha aventura no breve, mais intenso, período histórico no que o exército de Napoleón andou por Galicia.

Recomendamos: Erik, o construtor de soños, de Kike Gómez e Dani Padrón

Erik, o construtor de soños, deErik-Portada-GALL-LR-e1415103016584 Kike Gómez e Dani Padrón, está publicado en Bululú.

“Erik, un personaxe doce como a materia que constrúe os nosos mellores soños, móstranolos nas súas diferentes formas e protagonistas.
O encanto da historia está reforzado pola deliciosa caracterización dos personaxes e a suavidad e calidez das ilustracións nas que a cor alcanza as tonalidades que todos quereriamos vivir nos nosos soños.”

Recomendamos: Ícaro, de Federico Delicado

Ícaro, deSin t’tulo-2 Federico Delicado, traducido por Manuela Rodríguez, está publicado en Kalandraka.

O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Franz Kafka e Edward Hopper.

Concerto-presentación de Gatuxo, de Magín Blanco, o venres 16 de xaneiro ás 18:00 h.

Este venres, 16 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, estará na Libraría Sisargas Magín Blanco, quen fará un concerto de presentación do seu novo libro-disco, Gatuxo, publicado por Fol Música. Estará acompañado por María Faltri e Jorge Juncal. A entrada é libre até completar o aforo.

AMagín Blanco Gatuxo nova obra de Magín Blanco é un libro de ilustracións e de cancións extraordinarias, pausadas, alegres e tranquilas con instrumentacións coidadas e sutís, xogos de voces e ecos beatlelianos que transmiten emocións asociadas ao espertar á vida, alegría, risas, movemento, descubrimento, soño e que utiliza onomatopeas propias deste espertar. Ilustracións e cancións que axudan a crear o vínculo afectivo dos máis pequenos cos seus pais e contribúen ao desenvolvemento do córtex cerebral polo seu efecto positivo sobre a memoria e a atención. A escoita activa destas fermosas accións e a observación das ilustracións xunto ao pequeno, contribuirá a que alcance unha maior precisión para percibir e abstraer estímulos visuais e auditivos, desenvolvendo o seu sentido da orde e facilitando a creatividade. Tamén supoñen unha espléndida preparación pre verbal, co que os nenos poden comezar a falar antes e acelerar a aprendizaxe de idiomas. A súa aptitude musical e a súa coordinación motora desenvólvese e aprenderán a gozar coa música. Estas cancións tamén son moi útiles como terapia de distintas doenzas (ansiedade, estrés, alteracións do sono, autismo, etc.) A autora das ilustracións, Erica Maradona, é unha nova artista brasileira que soubo resumir de forma natural en cada escena ilustrada as emocións que GATUXO quere transmitir e que forman parte do espertar e a aprendizaxe dos que empezan a vivir.

Presentación de Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, de Manuel Gago e Manel Cráneo

O venres 20 de decembro, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre (Campo de Marte, s/n) da Coruña, preséntase o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, obra conxunta de Manuel Gago e Manel Cráneo, publicado en Xerais.

“Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Manuel Gago imaxina os soños, as lendas e os mitos da Idade do Ferro, como un reporteiro de viaxes que leva a súa gravadora ao interior destas cabanas castrexas. Un minucioso traballo de documentación histórica foi o paso previo para deixar voar a imaxinación e entrar nun universo cultural mítico, onde o vento e a chuvia nos traen versos, memorias e a recuperación de centos de nomes de persoas, cidades e seres míticos da Galicia previa á invasión romana, ata agora descoñecidos polo gran público. As ilustracións de Manel Cráneo recrean este mundo con formas e cores poderosas que nos fan viaxar no tempo.”