Recomendamos: Falando claro. A historia do anarquista Claro Sendón, por Pepe Sendón

Pepe Sendón Falando claroFalando claro. A historia do anarquista Claro Sendón, do escritor, actor, músico e tradutor Pepe Sendón, está publicada por Alvarellos Editora.

“Pepe Sendón, (Lira, 1964) rescata a figura do anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro José Sendón Lamela (1897 -1937), unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. Falando Claro é unha obra de divulgación histórica froito dunha longa investigación que comezou cando o autor descubriu, nunha enciclopedia, un breve perfil biográfico de Claro Sendón escrito polo historiador Dionísio Pereira. A partir dese momento iniciou unha procura tratando de seguir o rastro dunha vida trepidante e localizar unha produción escrita dispersa e difícil de encontrar.
O resultado desa procura publícase agora nun libro que é a reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.”

Aquí tendes unha conversa do autor da obra no Diario Cultural da Radio Galega:

Recomendamos: María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá

OMaría Barbeito libro María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá, está publicado por Baía Edicións.

“María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.
O presente estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.”

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás

Volvemos dar paso aos envíos de quen son para nós o máis importante desta Librería, os clientes. Desta volta, a recomendación é de Ramiro, a quen agradecemos a colaboración. Se queres, podes enviarnos o que che consideres interesante para publicar aquí ao noso correo: libreriasisargas@gmail.com.

“A Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado em Xerais no 2012, acheguei-me com curiosidade por ler mais sobre o biografado, como é costume neste tipo de textos, mas acabei sentindo-me transportado por um savoir faire do biografante (aguardo que se me permita o neologismo), cousa não tão habitual, até uma sensação de ter estado presente na própria vida de Celso Emilio.
Há algo nesta obra que nos leva a não soltá-la das mãos facilmente. E não se trata só do rigor nos dados, onde se percebe uma erudição bem trabalhada e acaidamente exposta, mas de uma delicada atenção para os detalhes, com incisões em momentos chave da vida do celanovês convertidas em delicadas peças quase literárias que nos afastam do caminho principal dos acontecimentos e permitem recriar o seu mundo interno.
Brilha bem este trabalho, e deixa um grande sabor na boca e na memória o que vem sendo uma das melhores biografias lidas por este leitor. Parabéns ao seu autor!!!”