Presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira, o 8 de agosto ás 20 h.

O martes 8 de agosto, ás 20:00 horas, Beatriz Maceda Abeleira presenta Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, publicada por Trifolium. No acto, a autora estará acompañada Pancho Valle-Inclán e Xan Arias.

“Unha historia na que se mistura o real coa ficción, co misterio, a través da vida, da obra e as diferenzas históricas das dúas Españas que lle toca vivir a Valle-Inclán e ao seu bisneto ficticio. Unha España triste e gris despois da perda das colonias, a Xeración do 98; e a España dos anos oitenta, na que se produce unha explosión de creatividade en todos os eidos artísticos. A narración empeza cinco meses despois do asasinato de John Lennon.”

Recomendamos: Sapos e Sereas, de Ana Cabaleiro

Sapos e Sereas, de Ana Cabaleiro, é un libro de relatos publicado por Galaxia, estrea literaria da autora.

“Unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesma potencia literaria coma as que temos neste mollo de relatos. Neste volume nada é o que parece. A autora disponse a darlle a volta a moitas historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira. E, grazas á súa ollada nova, descubrimos que hai moitos sapos que non merecen saír da fochanca, que hai Sereas atrapadas en destinos tráxicos e que a realidade é, cando menos, cuestionable. Mellor dito, que hai que a cuestionar.”

Aquí pode lerse unha entrevista coa autora en Sermos Galiza.

Os nenos de Bullerbyn, de Astrid Lindgren, visto por Mariña

Os nenos de Bullerbyn é unha obra de Astrid Lindgren, publicada por Sushi Books.

Esta é a lectura feita por Mariña:

“Os nenos de Bullerbyn son seis nenos que viven nunha aldea de tres casas nun lugar moi frío no medio da montaña.
Alí pasan mil aventuras divertidísimas, entre liortas e xogos que non acaban ben.
Os nenos sempre intentan facerlle bromas ás nenas, pero elas sempre se enteiran antes de que aos nenos lles dea tempo a facelas.
Pásano moi ben.
Riraste moito con este libro.”

Mariña, 10 anos.

Agni e a chuvia, de Dora Sales, visto por Olaia

Agni e a chuvia é unha obra de Dora Sales, publicada por Kalandraka.

Esta é a lectura feita por Olaia:

“Agni era unha nena que vivía en Bombai. Ela tiña que facer sempre o mesmo, menos os domingos, que era o día da froita e o peixe, pero un día que ía á lavandería do señor Cumá foi por outra rúa, e había unha casa que tiña un cartel.
Naquel cartel, díxolle o irman maior, que era o único que sabía leer, que poñía “Escola infantil Pipelica”. E foi co seu mellor amigo a descubrir que podía pasar alí dentro,e pasou que o seu irmán entrou alí, e non os víu.
Un domingo había un prato máis na mesa. Alguén tocou a porta. Era o seu irman, cunha chica, e díxolle imos levar á túa irmá á Escola Pipelica.”

Olaia, 7 anos.

Conversa com o poeta português Luís Serguilha: No pasmo da inutilidade, o dia 6 a partir das 20:00 h.

LUÍS SERGUILHA: Poeta, ensaísta. autor de 14 livros de poesia e ensaio. Participou em encontros internacionais de arte e literatura. Seus processos criativos têm sido objecto de estudo, de crítica e ensaio por parte de acadêmicos, críticos, poetas, pensadores, artistas, escritores de Língua ibero-afro-americana. Possui textos publicados em diversas revistas de literatura e arte. Alguns dos seus textos foram traduzidos para o espanhol, inglês, francês, italiano, alemão e catalão. Criador da estética do LAHARSISMO e responsável por uma colecção de poesia contemporânea brasileira na Editora Cosmorama( Coimbra-Portugal). Pesquisador da Poesia Brasileira Actual. É Curador do RAIAS-POÉTICAS: Afluentes IBERO-AFRO-AMERICANOS de ARTE e PENSAMENTO.
Neste acto apresenta Plantar Rosas na Barbárie, publicado por Poética Edições.