Presentación de Amada García e os seus arredores, de Bernardo Maiz, o xoves 23 de marzo

O xoves 23 de marzo, ás 20:00 horas, Bernardo Maiz presenta Amada García e os seus arredores, publicado por Edicións Embora, coa presenza do seu autor, xunto ao que participarán tamén Emilio Grandío e Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

“Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico.
Ofrece este volume a visión dun tempo republicano que concluíu cando a xente do común como Amada García Rodríguez foi vítima dun “golpe de estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, o réxime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e os crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas” (Parlamento Galego, 18 de xullo de 2016).
Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, “do rastro que deixou”, só o que acredita como verdadeiro, que non é o mais épico nin o máis tenro nin o máis tramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción.”

Pode lerse aquí esta entrevista de Xurxo Salgado ao autor, Bernardo Maiz, en Historia de Galicia: “Amada García loitaba polo empoderamento feminino e por iso a asasinaron na Guerra Civil“.

Unha reflexión sobre “Presentación de Amada García e os seus arredores, de Bernardo Maiz, o xoves 23 de marzo

  1. Eativen na presentación deste libro en Pontedeume: EXTRAORDINARIO.
    O tratamento da información é impecable, e a redacción estremece.

    Moi recomendable

Os comentarios están pechados.