Conversa arredor de O anxo negro, de Manuel Gago, o xoves 30 de xuño ás 20 h.

OManuel Gago O anxo negro xoves 30 de xuño, ás 20:00 horas, na nosa Librería (San Roque, 7), terá lugar unha conversa arredor de O anxo negro (publicado por Edicións Xerais), entre o seu autor, Manuel Gago, e o director de Galicia Confidencial, Xurxo Salgado. A entrada é libre para todas as persoas interesadas.

“A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos. A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incribles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa. Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.”

Aquí queda o cartaz do evento feito desde esta Libraría:

2016-06-30 O anxo negro Manuel Gago SisargasE aquí este vídeo sobre a obra:

Recomendamos: Diario de Crosses Green, de Martín Veiga

Diario de Crosses Green, camisa crossesde Martín Veiga, é o novo libro de poemas do autor galego residente en Irlanda, publicada por Faktoría K (Kalandraka), con ilustracións de María Maquieira.

O tempo e os seus misterios, os lugares como estampas da memoria, ecos cosidos en verso coas brétemas de Irlanda.

Aquí pode lerse un pequeno adianto do poemario.

Recomendamos: o novo traballo musical de Xosé Lois Romero e Aliboria

Aliboria Xosé Lois Romero e Aliboriaé a nova proposta musical de Xosé Lois Romero & Aliboria.

“Aliboria é un colectivo de novos músicos galegos (formado por María Montero, Jorge García, Andrea Montero, Ramón Dopico, Cristina Sánchez, Mariana Montero, Antonio Prado, Alejandra Montero e Cristina Pico), dirixidos por Xosé Lois Romero, que reinventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas cantantes cuns novos arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra.
As mulleres e homes que conforman Aliboria representan unha nova xeración de músicos cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran calidade técnica, un equipo perfecto para que o mestre Romero dea un novo paso adiante na evolución da música popular galega, que está a vivir o seu momento máis fértil e en permanente proceso de actualización.
A música de Aliboria combina as voces ancestrais da tradición oral de Galicia coa forza e o colorismo multitímbrico da percusión tradicional, todo tinguido coa frescura e a enerxía que a xuventude dos seus membros lle aporta.
Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos, perfectamente conxunguidos cos cantos, os aturuxos, os bailes e a diversión.
En 2016 publican o seu primeiro disco, como presentación desta nova proposta que nace coa vontade de amosar ao mundo a vitalidade da música galega.”

Recomendamos: O anxo negro, de Manuel Gago

O anxo negro,Manuel Gago O anxo negro de Manuel Gago, é a primeira novela do autor, publicada por Edicións Xerais.