Recomendamos: Teño uns pés perfectos, de María Solar

Teño uns pés perfectos, portada.fh11de María Solar, ilustrado por Gusti, está publicado en Kalandraka Editora.

“Aspirante a ser “o neno máis listo”, Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo.
Teño uns pés perfectos é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.
As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.”

Pode verse aquí a entrevista á autora sobre esta obra no Zig-zag da Televisión de Galicia. E esta é ficha da obra na súa web.

Recomendamos: Izan o da saca, de Xabier Quiroga

Izan o da saca,Xabier Quiroga Izan o da saca de Xabier Quiroga, está publicado en Edicións Xerais.

“O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur. Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.”

Pode escoitarse aquí a entrevista ao autor sobre esta obra no Diario Cultural da Radio Galega.

Recomendamos: A República das Palavras, de Séchu Sende

A República das Palavras, Séchu Sende A República das Palavrasde Séchu Sende, está publicada por Através Editora.

“O autor de Animais apresenta-nos um conjunto de relatos que são a continuação do anterior Made in Galiza.

Este é um livro Made in Galiza
de última geração: com NHs
e novas perspetivas sobre as pessoas e o mundo.

Se tés este livro na mão, dissimula.

Podes fazer parte dos milhares de pessoas
que estão a organizar as palavras
para mudar o mundo.
Alegria, peixe voador,
humor, Quero-te, spray,
imaginação, corvos faladores,
criatividade, rebeldia, mulheres…
Dissimula, não levantes os olhos
do livro, podem estar a vigiar-te.

Viaja polo teu interior.
E não fagas caso da gente que diz
que as palavras não mudam o mundo.

Porque sabes que as palavras mudam as pessoas.”

Pode escoitarse aquí a súa entrevista na Radio Galega e a recensión da obra feita por Ramón Nicolás nesta ligazón.

Recomendamos: A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly

A evolución de Calpurnia Tate, portada.fh11de Jacqueline Kelly, está publicada en Kalandraka. A tradución é de Carlos Acevedo.

Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista…

Podes ler un adianto da obra aquí.