Recomendamos: Os sete irmáns, de Aleksis Kivi

Os sete irmánsAleksis Kivi Os sete irmáns é unha obra narrativa de Aleksis Kivi, publicado por Rinoceronte, traducido do finlandés por Tuula Ahola.

Cando herdan a granxa familiar, os sete irmáns non queren oír falar de traballar e pagar impostos coma todo o mundo, nin moito menos aprender a ler. Así que os mozos deciden escapar do modo de vida que lles intentan impoñer na vila e bótanse ó monte, onde vivirán numerosas aventuras, construirán unha cabana e loitarán con osos e lobos. Tras varios anos de vida salvaxe, cambian de rumbo e deciden volver á vila, casar e asentarse como respectables granxeiros.
Publicada por primeira vez en 1870, Os sete irmáns foi mal recibida no seu momento polo seu realismo, humor e linguaxe. Porén, foi redescuberta como obra mestra no século XX ata converterse no libro máis popular de Finlandia e ser traducida a boa parte das linguas estranxeiras.
O éxito desta novela reside na mestura do tráxico e do cómico, no fiel retrato do carácter finlandés, insubmiso e supervivente, e na exquisita descrición da paisaxe nórdica. Unha historia emocionante e divertida que atrae por igual lectores de todas as idades.
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Presentación de Xeixos, de Suso Lista, este venres 18 de decembro

O 654_75482_CUB Libro Xeixos_BAJA.pdfvenres 18 de decembro, a partir das 20:00 horas, presentamos na Librería Xeixos, o último traballo narrativo até agora por Suso Lista, publicado por Edicións Embora. No acto, xunto ao propio autor, participa o dramaturgo Manuel Lourenzo.

En palabras do crítico literario Ramón Nicolás:
“Suso Lista ofrece a súa segunda incursión narrativa recorrendo, as máis das veces, á semblanza que abala entre crónica e ficción para deseñar un retrato do seu Corme natal, poboándoo así con personaxes e situacións singulares, sempre operativas para construír un vademécum irónico sobre a propia condición humana.
Neste deseño é o mar -ese murmurio continuo por veces abouxador- a testemuña imperturbable dos aconteceres que se experimentan. Mar e xentes simbolizados felizmente neses xeixos igualados pola aparencia lisa exenta de arestas, mais tamén diferentes entre si a rodaren suxeitos á erosión que o paso do tempo imprime. Xeixos que permiten reflexionar sobre o destino, a morte, a soidade ou a afouteza cun ton, naturalmente, salitroso.”

Presentación Xeixos Suso Lista e Manuel Lourenzo 18-12-2015

Recomendamos: Viaxe a Dragonia, de Xan López Domínguez

Viaxe a Dragonia Xan López Domínguez Viaxe a Dragoniaé un libro escrito e ilustrado por Xan López Domínguez, publicado por Rodeira.

“Na escura selva de Dragonia ocúltase o único exemplar do DRAGONIS TERRIBILIS, un libro misterioso cheo de conxuros e encantamentos que permiten transformar calquera obxecto… nun dragón!
Esta é a historia da desaparición dese libro terrible. Unha historia que comeza unha mañá de sol no laboratorio do mago Eudoxio.”

Podedes consultar esta crítica do libro feita por María Jesús Fernández na revista Criaturas.

Recomendamos: Sira e o robot. Adventures on Titan, de Miguel Mosqueira e Mark Wiersma

Sira e o robot. Adventures on Titan éMiguel Mosqueira Sira e o robot a primeira incursión narrativa de Miguel Mosqueira, con Mark Wiersma, con ilustracións de Iván Sende, publicada en Xerais. O libro vén acompañado cun CD musical.

“Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.”