Recomendamos: De remate, de Héctor Cajaraville

De remate é Héctor Cajaraville De remateo novela coa que Héctor Cajaraville gañou o Premio Xerais 2015.

De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais… A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo. Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo. Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos. De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.”

Recomendamos: Nas Pedras do Lar, de Pepe Vaamonde Grupo

Nas Pedras do Lar é Pepe Vaamonde grupo Nas pedras do laro novo traballo musical de Pepe Vaamonde Grupo.

“A banda de música folc galego Pepe Vaamonde Grupo leva máis de trece anos de vida e 200 concertos nos escenarios máis representativos de este estilo musical. O seu espectáculo é un proxecto artístico baseado nas creacións propias e nunha visión persoal da música do país, que se reflicte nun directo contundente e orixinal. O grupo liderado polo compositor, gaiteiro e frautista Pepe Vaamonde, e o arranxista e guitarrista Pipo Alvariño, presentan o seu novo disco Nas Pedras do Lar. Novo proxecto musical que xunto co resto dos compoñentes da banda: Jesús Vidal (baixo), Miguel Anxo López (percusións) e Miryam González (acordeón) pretende expoñer un espectáculo baseado na forza e contundencia da música folc galega para o directo. Despois dos tres traballos discográficos da banda: Aviouga, Onde Nace o Vento e Introterra, nace este novo disco gravado en directo nos impresionantes PKO Studios (Madrid), e que conta ademáis coas colaboracións de Javier Feijoó (voz), Brais Monxardín (piano), Germán Díaz (zanfona) e Pablo Dalama (saxo). Disco de máis dunha hora de duración dividido en catorce cortes musicais de moi diversa índole estética, sendo o elemento natural que faltaba na súa discografía…o cuarto elemento … o lume… quen guía e fusiona a esencia da música tradicional galega de sempre con toda unha chea de novos sabores sonoros. O arrecendo da Terra fúndese na Pedra da Lareira, a través do Lume, con outros ingredientes provintes de moi diversos estilos musicais, creando un novo caldo de onde renace unha nova música con claro xeito a folc galego do século XXI. (Inquedanzas sonoras).”

Presentación de As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán, en Portas Ártabras, o martes 17 de novembro ás 20:00 h.

Este José Antonio Gurriaránmartes 17 de novembro, ás 20:00 horas, estaremos na Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na presentación do libro As mulleres do monte, de José Antonio Gurriarán, publicado por Galaxia. No acto, acompañando o autor, participan Felipe Senén e Víctor F. Freixanes.

Lembranzas e fantasmas dun neno de guerra. José Antonio Gurriarán Mulleres do monteEste libro é o resultado da busca de testemuños e documentos realizada durante varios anos polo autor, investigación que iniciou para completar as lembranzas da súa infancia no Barco de Valdeorras, onde eran frecuentes os enfrontamentos entre forzas policiais e guerrilleiros, popularmente coñecidos como fuxidos ou “os do monte”. O autor descubriu dese xeito o importante papel das mulleres no maquis, fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servicio de Información da República. Foi o caso de Paquina Nieto, por cuxa froitería pasaban gran parte das mensaxes secretas dos fuxidos; de Matilde Franco, de Cacabelos, moi hábil para obter información sobre as operacións antiguerrilla dos seus “amigos” do cuartel da Garda Civil. Mais só as mulleres que foron torturadas, ou estaban ameazadas de morte, foron autorizadas a unirse aos do monte como guerrilleiras..”

Recomendamos: Os que levan o lume, de Álvaro López

Os que levan o lume éÁlvaro López Os que levan o lume unha novela gráfica de Álvaro López, publicada por Demo Editorial.

“Volta a ciencia ficción a Demo Editorial dentro da colección HäinöS e volta tamén Álvaro López, autor do guión de Sálpock: O Val dos Cegos, editado polo noso selo e debuxado por Luís Sendón.
Da man de Álvaro, en solitario desta vez, como autor completo de guión e debuxos, tráenos unha novela gráfica de 120 páxinas de extensión que destaca pola súa fluidez narrativa e onde descubrimos a un autor maduro, evolucionado e que elixe a sinxeleza do debuxo para contar unha historia oscura con total claridade.
Os que levan o lume é unha historia desas que con total seguridade ides a disfrutar todos os lectores amantes da aventura e os mundos fantásticos e futuristas.”

Aquí tedes unha crítica do texto publicada en Komic.

Recomendamos: Veredevere, de Guilherme e Bastardo

Veredevere, dVeredevere Guilherme e Bastardoe Guilherme e Bastardo, é un libro de 56 páxinas e CD con 12 temas, publicado por Axóuxere. Ten un prólogo de Teresa Moure e deseños de Séchu Sende.

“Este é o primeiro traballo de Guilherme e Bastardo, unha banda por definición heterodoxa e cuxo pulo fundacional é a hibridación de linguaxes e estilos, mais, por riba de todo, Veredevere é unha travesía utópica desde a música, a literatura e a visualidade, que integra o traballo de moitas persoas procedentes de diferentes ámbitos e se sintetiza nun fermoso libro-obxecto de feitura artesanal, con cuberta serigrafiada, e un cd de músicas que percorre ámbitos tan amplos como extensa é a viaxe que a súa escoita propicia.
No libro-cd poderedes atopar, alén das músicas e textos de Guilherme e Bastardo —que navegan entre o canto tradicional revisitado, a world music, o postpunk e a electrónica libertaria—, as colaboracións de Séchu Sende, Teresa Moure, Najla Shami, Mig Seoane e outr@s moit@s que fixeron parte desta común singradura, asi como as palabras musicadas de, Raida Rodríguez, Xelís de Toro, Márcio-André, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Arthur Rimbaud.”

Aquí podedes escoitar a súa música no Soundcloud.