Recomendamos: O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira

O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira, Beatriz Maceda O álbum de Garrinchaestá publicada na Editorial Galaxia.

Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o rodea.”

En palabras da autora:
“Unha mañá á hora do recreo, saín cara a pista do patio a cumprir a promesa que fixera aos meus alumnos e alumnas: ir a velos xogar un partido de fútbol.
Había unha semana que contabamos cun compañeiro máis, acababa de chegar do Perú. Un rapaz coa morriña instalada nos seus ollos. Cando cheguei as gradas alí estaba el, só. Senteime ao seu carón e propúxenlle que se achegara a xogar ao fútbol cos seus compañeiros. Baixou a cabeza e fixo un non con ela.
Cando pasaran cinco minutos, un dos rapaces que estaba na pista berroulle: Vén xogar con nós, precisamos un máis!
Ao rematar o recreo, o noso novo compañeiro xa estaba falando e sorrindo.
Nese momento naceu O álbum de Garrincha.
O fútbol fixera mais pola integración no grupo deste neno, que as estratexias pedagóxicas nas que levaba pensando eu dous días.
E “Mané Garrincha”, o futbolista que cando naceu lle dixeron á súa nai que non lograría camiñar, ao que nada lle foi doado, o que logo se convetiría na “alegría do pobo” e no mellor xogador do mundo; o compañeiro perfecto para axudar a João a integrarse no seu novo mundo.”

Recomendamos: Histórias de Galiza (tomos I, II e III)

Histórias de Galiza. Tomo I, Tomo II e Tomo III, con texto de Carlos Rafael Ramos e ilustracións de Idoia de Luxán Vázquez, Jerónimo Piñeiro de Castro, Juan Luis Pérez, Carlos Alfonso Fernández e Jaime Eizaguirre Santillán, foron publicadas por Difusora.

“A colección “Historias de Galiza” é unha obra de banda deseñada que, coa historia do noso país de marco de fondo, recolle diferentes creacións de cinco xoves autores. A obra foi patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.

2008-maio-historias_de_galiza_1-486x700A primeira entrega conta con cinco historias que retratan a prehistoria e os primeiros tempos da romanización en terras de Galicia, todas elas apoiadas cun apéndice cos datos deste amplo período xunto cunha bibliografía e un glosario.”

2008-outubro-historias-de-galiza_2-486x699O segundo tomo recolle cinco novas entregas de banda deseñada están ambientadas nos tempos dos castros e da romanización así como no tempo en que os suevos establecidos na Gallaecia, conforman o primeiro reino europeo: o reino de Galiza. As cinco historias están apoiadas cunha cronoloxía, unha bibliografia e unha relación dos reis galegos.

2009-marzo-historias-de-galiza_3-486x700As cinco historias que compoñen o terceiro álbum sitúanse e ambiéntanse no período histórico comprendido entre os séculos XI e XVI (anos 1000 a 1500), tempos en que o reino de Galiza atinxiu os maiores níveis de desenvolvimento político, institucional, social e cultural.
Como nas dúas entregas anteriores, as historias deste terceiro tomo apoianse nunha cronoloxía e unha bibliografía do período histórico.

Presentación de Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, o venres 12 de xuño ás 20:00 h.

AVerónica Martínez Delgado Ode sexta feira, venres, 12 de xuño, a partir das 20:00 horas, preséntase Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado, publicado pola Asociación Cultural Caldeirón. A autora estará acompañada por Paco Souto, editor e poeta.

Do poemario, que obtivera o accésit do VIII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, poden lerse estes catro poemas, publicados na revista Palavra Comum.

Tamén se pode escoitar aquí a entrevista realizada á autora no Diario Cultural: