Recomendamos: Falando claro. A historia do anarquista Claro Sendón, por Pepe Sendón

Pepe Sendón Falando claroFalando claro. A historia do anarquista Claro Sendón, do escritor, actor, músico e tradutor Pepe Sendón, está publicada por Alvarellos Editora.

“Pepe Sendón, (Lira, 1964) rescata a figura do anarquista de Louro (Muros, A Coruña) Claro José Sendón Lamela (1897 -1937), unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. Falando Claro é unha obra de divulgación histórica froito dunha longa investigación que comezou cando o autor descubriu, nunha enciclopedia, un breve perfil biográfico de Claro Sendón escrito polo historiador Dionísio Pereira. A partir dese momento iniciou unha procura tratando de seguir o rastro dunha vida trepidante e localizar unha produción escrita dispersa e difícil de encontrar.
O resultado desa procura publícase agora nun libro que é a reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.”

Aquí tendes unha conversa do autor da obra no Diario Cultural da Radio Galega:

Recomendamos: A Diagonal dos Tolos, de Santiago Lopo

A Diagonal dos Tolos, Santiago Lopo A Diagonal dos Tolosde Santiago Lopo, está publicada na Editorial Galaxia. Obtivo o VIII Premio de Narrativa Breve Repsol en 2014.

“Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola dende a primeira páxina grazas a unha narración áxil e intensa. A Diagonal dos Tolos é unha fiestra aberta aos vieiros tortos que dan forma á historia da humanidade.”

Aquí tendes unha conversa do autor coa xornalista Montse Dopico en Praza Pública. E tamén vos deixamos este vídeo coa presenza do autor:

Julieta Paredes e Adriana Guzmán na Galiza: Feminismos comunitarios (presentación de libros), o xoves 28 de maio ás 20:00 horas

11007738_1150662321626663_1917198237098184785_n

O 28 e 29 de maio estarán en A Corunha e o 30 de maio en Compostela deixamos a axenda para estes dias e o cartaz para a sua difusión

A CORUÑA 28 MAIO
– 11:00 h. Encontro con mulleres migrantes na Coruña (encontro con espazo limitado e prioridade para mulleres migrantes) R/ Entrepeñas 10, baixo.
– 14:30 h. Almorzo aberto comida peruana no Bar delicias peruanas R/ Fuente Álamo 6.
– 20:00 h. Presentación de libros: “Hilando fino” e “El tejido de la rebeldía. ¿Qué es el feminismo comunitario? Bases para la despatriarcalización”. Librería Sisargas (Rúa San Roque, 7).

A CORUÑA 29 MAIO
– De 17:00 a 20:00 h. Obradoiro despatriarcalizando os nosos corpos. Campus Riazor Edif. antiga empresariais Salón de actos do CUR.
– 20:30 h. Roteiro esmorga fotofeminista, Expo e cañas. Comezamos no cachivache, Linda Rama e Patachim

COMPOSTELA 30 MAIO
– 18:00 h. Presentación de libros: “Hilando fino” e “El tejido de la rebeldía. ¿Qué es el feminismo comunitario? Bases para la despatriarcalización”. Librería Lilith de mulleres (Rúa Travesa, 7).

ORGANIZA: ACÇOM RABUDA
COLABORA: ESOMI equipo de sociología de las migraciones internacionales, ONGD Viraventos, Librería Sisargas, Librería Lilith Mulleres, Patachim, Linda Rama, Cachivache

Recomendamos: As meigas de Lupa, de María Solar

As meigas de Lupa, María Solar As meigas de Lupada escritora e xornalista María Solar, está publicada por Edicións Xerais, e vai xa pola cuarta edición.

“María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo. Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina. “

Recomendamos: Dragal IV. A estirpe do dragón, de Elena Gallego

AElena Gallego Dragal IV nova entrega da serie DragalDragal IV. A herdanza do dragón, de Elena Gallego, está publicada por Edicións Xerais.

“Coma o anxo expulsado do paraíso, Hadrián loita por recobrar os poderes perdidos na cripta de Dragal. A aparición de pequenas escamas é só o principio da mutación que experimentan os membros da Fraternidade. Desaparecido don Xurxo, chega un novo párroco, don Miguel, cuxa misión será impedir o regreso dunha estirpe maldita capaz de destruír o mundo. Nas páxinas do Codex Dragalianus, gardado na reitoral, accede aos segredos da Fraternidade. Todo está recollido no manuscrito máxico. Na noite do solsticio de verán os cabaleiros do dragón poderían apropiarse das forzas sobrenaturais do universo. Mentres o derrubamento parcial da igrexa de San Pedro descobre un pasadizo secreto, os dragalianos atopan un misterioso libro.Que relación ten este achado coa fórmula maxistral que experimenta Cortiñas no seu laboratorio? Dragal IV, A estirpe do dragón abre unha nova xeira na apaixonante serie protagonizada polo dragón galego.”