Recomendamos: Horta Revolution, de Sacha na Horta

Horta Revolution é o novoSacha na Horta CD de Sacha na Horta.

Segundo as súas palabras: “As intencións da banda son as de tocar máis e mellor e por cada recuncho do país ou alén os mundos posibles. Queremos seguir gravando todas as ideas que temos e conseguir sacar o tempo das nosas axendas labirínticas particulares para facelo. Encantaríanos, pois, poder traballar disto dignamente. Pero tamén queremos levar a nosa lingua a cantas máis persoas mellor, facer eco dos milleiros de voces que ouvean as rabias e as inxustizas que tratan de apagar nos medios, e das loitas e das forzas, e das bravuras e as ledicias e das xuntanzas e as festas, e dos soños e as esixencias… Queremos dicir ben alto e ben forte todo o que queremos dicir e merece ser dito. Queremos poñer a proba cada día a liberdade e a rebeldía. E facelo sen deixar de bailar! Para nós Sacha na Horta é unha forma de expresión, un traballo, unha familia e unha forma de activismo social. Unha vez que te pos a bata, comeza a rebulir todo no teu interior. É entón cando sabes que comeza a HORTA REVOLUTION. Ese é o nome do espectáculo que temos actualmente. E disto vai a cousa, de revolucionarse, de facer horta entre todas, poñernos a sachar para sementar cousas novas e sás e coller o fouciño para acabar con toda a broza que temos e que nos está a afogar.”

Presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, na Biblioteca Veciñal de Monte Alto

43 MONTE-ALTO CARTAZDentro da ruta náutico-literaria, a viaxe ao Gran Sol, sen saír da Coruña, Xurxo Souto recala este xoves na biblioteca da AAVV de Monte-Alto (Campo de Marte).

Como xa ten acontecido noutras citas,“Os Contos do Mar de Irlanda” serán escusa para que diferentes veciñas e veciños do barrio conten historias do mar nas que eles son protagonista.
Unha nova reivindicación pois desa Coruña invisible -cidade barco- que se estende polos camiños do Atlántico. E tamén un novo encontro con esa auga que albisca o ollo dende o alto da Torre de Hércules: o Mar de María Antonia, nome case esquecido que agora por fin, terrícolas e terrícolos, principiamos a recuperar.

(Haberá toque de cornas e música de acordeón)

Recomendamos: Ícaro, de Federico Delicado

Ícaro, deSin t’tulo-2 Federico Delicado, traducido por Manuela Rodríguez, está publicado en Kalandraka.

O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Franz Kafka e Edward Hopper.

Recomendamos: Galiza, um país sentimental?, de Helena Miguélez-Carballeira

Galiza, um povo sentimental?, Galiza um povo sentimental? Helena Miguélezde Helena Miguélez-Carballeira, está publicado na Através Editora.

Este livro aborda como se construiu o mito da Galiza como um país sentimental e “feminino”. Desde o século XIX a história cultural e política do país vem marcada por este tropo colonial, fundamento discursivo que veu a alimentar umha relaçom disfuncional entre a Galiza e o Estado Espanhol.
Ao longo deste livro, fruto do rigoroso trabalho de Helena Miguélez-Carballeira, encontraremos respostas a muitas perguntas que era preciso fazer-se: é a Galiza um povo sentimental? É possível construir uma história a partir da subalternidade? Pode uma língua ser “indecente”? Que origens reivindicar? Fica a crítica reintegracionista livre de toda culpa na “sentimentalizaçom” da imagem da Galiza?
Originalmente editado em inglês, a versom galego-portuguesa é um trabalho de Fernando Vásquez Corredoira. O resultado é a traduçom e adaptaçom de umha obra fundamental, que nos oferece umha necessária incursom no passado ainda presente da Galiza e nos seus mitos como também umha aposta valente para entender o complexo discursivo colonial a partir de umha perspectiva de género.

A autora.
A viguesa Helena Miguélez-Carballeira é professora titular de Estudos Hispânicos na Universidade de Bangor, no País de Gales. Filóloga de formaçom e doutora pela Universidade de Edimburgo, as suas pesquisas abordam a história cultural galega e espanhola numha perspectiva pós-colonial e feminista.
Para além de traduzir para o inglês Maria do Cebreiro (I Am Not from Here; Shearsman, 2010) e editar o livro A Companion to Galician Culture (Tamesis, 2014), tem publicado em revistas como o Bulletin of Hispanic Studies ou The Translator, sendo ademais diretora do Centro de Estudos Galegos do País de Gales e editora de Galicia21: Journal of Contemporary Galician Studies.”