Obradoiro e presentación de Man. O alemán de Camelle, con Beatriz Maceda e Laura Veleiro

EsteMan 6 sábado, 3 de xaneiro, a partir das 12:30 horas, na Libraría (no noso novo emprazamento, na Rúa San Roque, 7), terá lugar a presentación do libro Man. O alemán de Camelle, escrito por Beatriz Maceda Abeleira e fermosamente ilustrado por Laura Veleiro, publicado por Galebook. Trátase da historia ilustrada dun heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de Camelle pode gozar.

As autoras farán tamén un obradoiro dirixido nomeadamente ao público máis novo, aínda que poderá participar, por suposto, todo o público asistente, onde se transmitirá a forza do traballo creador de Man.

Reapertura da Libraría este venres 19!!

Este venres, sexta feira, 19 de decembro, reabrimos as portas da Libraría Sisargas no noso novo emprazamento, a RÚA SAN ROQUE, 7.

Estaremos toda a tarde para que poidades coñecer, a partir deste día, as novas instalacións.

Haberá pinchos, petiscos e moitas gañas de volver estar convosco, a parte máis importante da Libraría.

Ás 20:30 horas, precedidos por un pequeno concerto de Xurxo Souto, terá lugar un recital coa participación de varias voces poéticas (Dores Tembrás, Francisco X. Fernández Naval, Xosé Iglesias, Jose Montero, Rodrigo Osorio, Teresa Ramiro, Rosalía Fernández Rial e Ramiro Torres), en diálogo coa música ao vivo de César Morán. Despois teremos un magnífico fin de festa de reapertura con Moncho do Orzán!!

Non faltes!!!

Van estas dúas fotos de como está quedando a Libraría:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA