Presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, este xoves 31 ás 19:30 horas

Este xoves 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (na Biblioteca da Asociación no Campo de Marte, s/n.) esta Librería, a Asociación de Amigos do Arqueolóxico e o Proxecto Cárcere, organizan a presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, publicado por 2.0 editora. No acto, xunto aos autores, participa Xurxo Souto. Non o perdas!!!!!!!!!!!

Gañadoras do concurso do Apalpador

Durante o mes de decembro os clientes desta Librería participaron no sorteo de tres bonos-tarxeta regalo por valor dunha actividade no Espacio Educativo Arkhé (embarazo, posparto e primeira infancia) durante un mes (a escoller entre educación musical, inglés, educación motriz, ioga e actividades acuáticas).
O Espacio Educativo Arkhé (Rúa Pedro Galán Calvete, 9, baixo, A Coruña, mail: info@espacioarkhe.com, teléfono 881894805) ten unha ampla variedade de actividades orientadas principalmente á preparación ao parto, a recuperación posparto e á estimulación na primeira infancia, convencidas de que experiencias educativas de gran calidade e unha estimulación afectuosa durante os primeiros anos de vida (incluindo a vida prenatal) son necesarias para que as personas poidan desenvolver todo o seu potencial.

As gañadoras do sorteo son:
Antía Fernández.
Marisol Insua.
María Ruíz.

PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!