Francisco Castiñeira presenta Podería falar de nubes, o 27 de decembro na Biblioteca da AA.VV. Atochas-Monte Alto

Este xoves 27 de decembro, ás 20:00 horas, a Librería Sisargas colabora na presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, publicado por Redelibros, que terá lugar na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto (Campo de Marte, s/n), coa presenza do propio autor. Alí estaremos. Non vola perdades!

Ninguén, de Fran Alonso

Baixamos o noso abatemento, e preventivamente supuramos mal humor. De inmediato. Calculamos a entidade, protexidos co crédito do débito. No garaxe o dato da humidade, e a parede. Os peixes ollan pros polifenois pendurados do acio do outono. Coa alta recibimos todo, e abáfame o debate. A polémica, e o bulo malicioso lámbeme o cu na bandexa.
Navego, sorrío, gozoso.

Ninguén, de Fran Alonso, está publicado en Xerais.

Participa no sorteo do Apalpador!

O APALPADOR CHEGA Á LIBRERÍA SISARGAS!

Durante todo o mes de decembro os clientes desta Librería poderán participar no sorteo de tres bonos-tarxeta regalo por valor dunha actividade no Espacio Educativo Arkhé (embarazo, posparto e primeira infancia) durante un mes (poderán escoller entre educación musical, inglés, educación motriz, ioga e actividades acuáticas).
O Espacio Educativo Arkhé (Rúa Pedro Galán Calvete, 9, baixo, A Coruña, mail: info@espacioarkhe.com, teléfono 881894805) ten unha ampla variedade de actividades orientadas principalmente á preparación ao parto, a recuperación posparto e á estimulación na primeira infancia, convencidas de que experiencias educativas de gran calidade e unha estimulación afectuosa durante os primeiros anos de vida (incluindo a vida prenatal) son necesarias para que as personas poidan desenvolver todo o seu potencial.

O sorteo terá lugar o día 31 de decembro, a noite do Apalpador.