A máquina do tempo, libro-disco de Juan Carballo e Ramón Núñez

Recén saído da fábrica de soños de Juan Carballo e Ramón Núñez, temos aquí xa A máquina do tempo, libro-disco onde colaboran, entre outras e outros, Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, José A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha ou Sito Suárez, contando coas ilustracións e o deseño Nuria Díaz.